(1972) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giovanni Giuseppe Gilberto Galli 2 de outubro de 1940 Boloña, Italia |
Morte | 12 de outubro de 2019 (79 anos) Prato, Italia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Empregador | Alfa Romeo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Giovanni Giuseppe Gilberto "Nanni" Galli, nado en Boloña o 2 de outubro de 1940 é un expiloto italiano de coches deportivos, turismos e Fórmula 1 da década de 1960 e 1970.
Galli gañou a carreira do Circuíto de Mugello en 1968 e foi segundo na Targa Florio (con Ignazio Giunti). Nas 24 Horas de Le Mans de 1968, finalizou 4º nun Alfa Romeo T33/2. O seguinte ano en Le Mans, terminou 7º co Matra. En 1970, ambos Alfa Romeo T33/3 non terminaron.
En 1970 participou brevemente na Fórmula Un, debutando no Gran Premio de Italia de 1970 con McLaren - Alfa, e participou en varias carreiras os seguintes tres anos, terminou 3º na carreira fóra de campionato en Vallelunga en 1972 co pequeno equipo Tecno.
A súa grande oportunidade no tempo foi ese ano cando piltou un Ferrari no Gran Premio de Francia de 1972 no Circuíto de Charade preto de Clermont-Ferrand pero non impresionou, terminando soamente no 13º lugar. Logo de media ducia de saídas con Frank Williams Racing Cars o ano seguinte, anunciou a súa retirada.
Galli participou en 20 Grandes Premios do campionato mundial de fórmula 1, non logrou puntos de campionato.